martes, 1 de abril de 2008

ZONA BASI

NEGREIRA 0 - PEPE NOYA 1
Queridos afeccionados, desgracidamente a liña descendente que se veu apuntando nas últimas xornadas non acaba de rematar. O Pepe Noya presentouse con xente nova con respecto á primeira volta e a xulgar polo seu rendemento acertaron nas contratacións.
O Negreira empezou con ganas pero pronto se veu que non era o día ideal para alzarse coa victoria. Pablito tivo unha gran ocasión aos quince minutos que non logrou materializar. Máis tarde Paco fixo dúas entradas boas pola banda dereita que levaron grande perigo.
Pero sería o xogador visitante Javi quen nunha xogada de certo desconcerto local, logrou un gran gol sacando as telarañas da escadra esquerda defendida por Berdullas.
Rematou a primeira parte e o equipo non tiña boas vibracións como máis adiante se confirmaría.
A segunda parte empezou co equipo tentando levar máis perigo sobre a portería visitante. Houbo dúas ou tres ocasións claras pero tamén o Pepe Noya tentaba ao contragolpe remachar o partido. Cabe destacar tamén no equipo visitante a Suso Sánchez que fixo un partido serio nos minutos que estivo no campo e que demostrou a súa calidade.
Ao final, outros tres puntos perdidos no camiño e o obxectivo un pouco máis lexos. Aínda queda moita liga pero teremos que cambiar moito a actitude nos próximos encontros. No vindeiro partido enfrontarémonos ao Roomel, un equipo co que existe unha grande rivalidade e que ven empurrando forte aínda que levou un certo correctivo esta última xornada.

No hay comentarios :