lunes, 28 de abril de 2008

O ARRANCA CAMPIÓN

O sábado en Guntín (Lugo), consumábase o ascenso á Primeira Nacional B do futbol sala de Galicia, do equipo do Bar Arranca-Pub Sabadete, pertencente á asociación deportica A Crema, de Negreira, ao gañar 4-5 na cancha do Restaurante O Picato, cando aínda restan tres xornadas para rematar a liga na Primeira Autonómica no seu grupo Norte.
Os xogadores dirixidos por Wenceslao Rozas chegaron a ir gañando 0-4, pero antes do descanso, os locais recurtarían diferenzas ata o 2-4. Faltando dous minutos para o final, os lucenses marcarían o cuarto gol, pero a victoria decantouse finalmente para o equipo barcalés que este sábado recibirá no pavillón de Pedra Mámoa, ao Priorato/Javasán, de Boiro, principal rival na loita polo titulo, e que na clasificación está a dez puntos, os cales teranlle que facer o tradicional paseillo ós xa campións de liga.
En Guntín, non faltou a celebración, e o adestrador Wenceslao Rozas foi levado polos seus pupilos á ducha. Logo do viaxe de regreso ás nosas terras, pola noite houbo cea de celebración polo titulo e o conseguinte histórico ascenso para o futbol sala da comarca de Barcala.
FONTE : WEB CONCELLO NEGREIRA

No hay comentarios :