domingo, 13 de abril de 2008

NOVOS EXITOS NO ATLETISMO

Matín e Javier co gañador absoluto en O Pino , Lolo PenasMenos mal que temos alegrias noutras disciplinas deportivas , xa que o que é no fútbol , tanto os veteranos , como a S.D., ou mesmo o Agrón están a ter resultados cando menos deprimentes . Agora ben o atletismo volta a estar de noraboa , e os Calvo , Crespo , Mohamed , Martín , Javier,....., son merecedores novamente do noso aplauso.
Tralos triunfos acadados en Padrón como certificamos nunha entrada anterior , non deixan de chegarnos novas de éxitos como o de Luis Calvo que o pasado día 30 de Marzo formou parte da selección galega de Duatlón que acadaou a victoria final no campionato de España desta especialidade por comunidades autónomas.A súa actuación foi importantísima sendo o 5º galego en cruzala meta e o 38 da xeral cun tempo de 59:36 .
Nesa mesma data pero a moitos kilómetros de distancia , desenrrolabase a carreira popular de Ordés , onde na xeral absoluta Jorge Crespo Arias acabou a posición nº20 cun tempo de 32:59 . En cadetes Mohamed Fatallah foi 3º con 11:21 . En infantís forón 6ºDavid Ardións Gómez 12:31 , 8ºRoque Valledor Mera 12:43 e 10º Alberto López Torreiro 12:57 .Nos alevíns Xoán Vites Cajuso foi 13º con 3:06 . E finalmente en prebenxamíns Martín Darriba Crespo foi 3º cun tempo na súa proba de 1:14
Neste fín de semán , participarón moitos deles , na V Pedestre de O Pino sendo Mohamed 2º en cadetes deixando o seu crono en 10:18 . Pero os mellores resultados chegarían en prebenxamíns onde Martín Darriba foi 1º cun tempo de 2:01 e Javier López 2º con 2:11
Mohamed e Martín 2º e 1º ,nas súa probas, cos seus trofeos

No hay comentarios :