jueves, 13 de marzo de 2008

ZONA BASI

D.CANEDA 4 - NEGREIRA 1
Queridos camaradas, motivos alleos á miña vontade me impediron esta semana manter o meu compromiso cos afeccionados ao noso blog. Os que pensen que isto ven motivado polo tremendo descalabro sufrido o pasado sábado en Chaián é porque no me coñecen o suficiente. Deberían saber que a filosofía desta sección é a de ser transmisores da realidade (tal como a vexo eu) e para iso gozo da liberdade que me tranfiríu o administrador deste blog.
Tamén algúns poderían pensar que debido a que quen suscribe isto foi un dos protagonistas negativos da xornada, podería caer na tentación de absterse da redacción da crónica ou máis alá, incluso terxiversar ésta vendo no ollo alleo a palla que no vería no meu.
Pois non amigos, non. Sen pretender facer un exercicio de autoflaxelación, non me custa admitir que o terceiro gol que encaixamos no inicio da segunda parte, no que participei activa e negativamente, truncou definitivamente as poucas aspiracións que xa nese momento tiñamos de acadar algo positivo.
Xa no descanso algúns intuíamos que a cousa non ía ben e que ía acabar peor.
Non é lóxico que logo de ir gañando cun gol de Pipi e xogando razonablemente ben, cheguemos ao descanso perdendo por dous a un encaixando uns goles de xeito infantil e tirando pola borda o noso prestixio no tocante ao golaverage defensivo.
Ás veces, alabamos a un xogador ou a outro cando as cousas saen ben, quizáis sen pensar que todos os que están no campo colaboran na victoria. Non vou caer nese erro neste momento, máxime cando neste caso non se trata de loubanzas senón de críticas, pero o certo é que algúns xogadores deberían replantearse seriamente o seu papel no equipo. E se eles non o saben ver, temos unha Dirección Técnica que non debe ter tremor en tomar decisións duras.
É certo que nos últimos partidos estamos nunha liña descendente, con algunhas salvidades fugaces pero debemos ser conscientes de que oportunidades como a deste ano non se van presentar máis. Se queremos acadar algo grande (e todavía estamos a tempo) debemos deixar todo pola nosa parte no campo os partidos que quedan. Agardemos que valores coma o compañerismo, a solidariedade, a confianza afloren nestes momentos delicados e saibamos salir a flote.
Por certo, dende a nosa humildade agardemos que esta victoria lle sirva ao Caneda para manter a categoria. Dende aquí desexamos poder contar con eles a tempada que ven pois son un equipo correcto e ten plantel suficiente para estar ahí. Contra nós o demostraron.

No hay comentarios :