jueves, 20 de marzo de 2008

NOVO ADESTRADOR DA S.D.

Dende aquí desexarlle a mellor sorte a un dos membros da nosa plantilla que acaba de conquerir un reto , que esperemos chegue a bo porto . Este non é outro que o de acadala permanencia da S.D.Negreira un ano máis en terceira división .
O Negreira destitue ó adestrador Xulio Díaz, que será sustituido por Julián Ferreiro. Xulio Díaz non seguirá dirixindo ó Negreira nos nove partidos que restan de liga. Julián Ferreiro, director deportivo, faise cargo do equipo, ó menos provisionalmente, ante a premura de tempo para preparalo importante partido do próximo domingo frente ó penúltimo clasificado, o Ourense B.Xulio Díaz deixa o Negreira tras encadear a peor racha de resultados da presente tempada, con dous puntos de 21 posibles nas sete últimas xornadas. A derrota do pasado domingo na casa ante o Ordes (1-3), foi a puntilla para que a xestora do clube roxillo tomase unha firme determinación co obxetivo de invertir a mala traxectoria do Negreira, que so sumou 8 dos 30 puntos en xogo nesta segunda volta.

2 comentarios :

Anónimo dijo...

CHITO:

Con todos os respetos a Xulián pareceme unha tomadura de pelo que el colla o cargo de mister cando pa min este cargo debería ser ou ben para Carlos Ruso(adestrador do filial) ou Javi Caporro(adestrador dos veteranos).

Anónimo dijo...

Carlos Ruso foi unha opción descartada porque sinon tiñan que subir a todolos adestradores do A.D.N. ó equipo inmediatamente superior o que implicaría que Alvarito tería que adestrar os Alevíns e Javi Caporro entraría como adestrador dos Benxamíns . Os rapaces de ambos equipos romperos a chorar e a directiva do Negreira rompeuselle o corazón e optaron pola outra opción que non é outra que a dos Capos da familia dos FERREIROS . Pero a Yakuza xa está a traballar para dar un golpe a esta situación . Refuxiadevos na casa .