domingo, 17 de febrero de 2008

ZONA BASI

Negreira 2 - Cuntis 1
EN PEDRA MÁMOA HAI PETRÓLEO!!
Este sábado visitou Negreira o equipo dos Veteranos do Cuntis cos que trabamos unha boa amizade dende a primeira volta, curiosamente a partir un malentendido exposto dende este blog.
Irremediablemente, dende ese día cada partido moitos de nós visitamos ese blog do Cuntis moi ben xestionado por Sueiro (se non me equivoco) para ve-las crónicas e as impresións dos partidos e tamén as fotos das paparotas. Por certo, parece que o noso orzamento anual está a piques de esgotarse e daquí en diante teremos que acostumarnos a ceas frugales… a base de callos e carne asada e biscochón e regados por coñac Veterano. Non deberiamos dicilo aquí, pero que sepan os outros equipos que este é o noso secreto para estar ahí arriba .
Así pois, olvidádevos das cunchas mariñas e dos bivalvos para este ano.
Antes do partido, inauguración oficial da nova equipación, foto de rigor, saque de honor a cargo de Mónica e benvida a ese novo patrocinador que é Confecciones Castro de Negreira.
Bueno, ó que ibamos…. ó partido. Pois unha sorte de carallo!!
Parece que non estamos moi dispostos a saír deste bache no que estamos instalados e, salvo o partido da semana pasada, levamos uns cuantos cunha páxara digna do Chiapucchi dos mellores tempos.
Ocasións aínda tivemos, non se pode negar. Pero o Cuntis non veu a Negreira a sestear e na primeira parte chegou con certa claridade á nosa portería.
O Cuntis plantouse en Negreira sen Monty, unha das súas figuras e un dos xogadores que máis quebradeiros de cabeza provoca nos rivais. Pero o Cuntis non só é Monty e 10 máis. Dende o medio do campo, Tono reparte o balón con criterio e arriba Ina, Miguel e Puga déronnos máis traballo do que desexáramos. Para mostra un gran remate de Ina de cabeza na primeira parte que deu no largueiro da portería defendida por Berdullas. Asi deste xeito chegaría o penalti provocado por Pitu nunha xogada bastante inocente.
Deste xeito o Cuntis adiántouse no marcador e nós tentabamos chegar arriba con máis corazón que cabeza. Tivemos ocasión, aínda que non froito do bó xogo, e nunha destas xogadas o noso xogador franquicia Alfonsito tirou un centro envenenado dende a banda dereita que Sueiro non soupo atallar debidamente.
Deste xeito chegamos ó descanso con empate e coas espadas en todo o alto. Destacar tamén, aínda que con certa amargura, a lesión de Soto nun xeonllo que agardemos non revista gravidade.
Na segunda metade volcámonos sobre a portería visitante pero nuns casos o acerto sobre todo de Jaime e Piñeiro e noutras a nosa propia inoperancia, facían imposible que nos puiderámos poñer por riba deles. Incluso neste tempo tivemos outra páxara de 15 ou 20 minutos que, sen xenerar ocasións claras de gol, sí nos meteu o medo no corpo.
E entón, cando menos clara estaba a cousa xurdíu de novo a figura de Alfonsito. Debemos lembrar que a actuación deste xogador non é resultado da casualidade e a este respecto debemos lembrar o gran partido que fixo en Extramundi a semana pasada frente ao Rosalía. Pois alí, na área do Cuntis a oito minutos do final, atopou Alfonso un pequeno pozo (eu tampouco diría que era un xacemento) de petróleo e nunha xogada como outra calquera colleu un balón medio perdido ao borde da área, deu un par de zancadas marca da casa e rematou á portería cun tiro seco a media altura que nos poñía por diante.
Ata ese momento, todo parecía que o partido ía rematar en tablas pero Plátano encargouse de levar a contraria, como soe ser habitual nel, por outra parte.
Pero o partido aínda tiña gardada algunha outra sorpresa pois a dous minutos do final atopamos outro pozo máis (eu diría que éste de dimensións máis grandes que o de Alfonso). A ocasión para o Cuntis veu neste caso nunha balón colgado ná área que Miguel rematou sen parar e que bateu no corpo de Berdullas e, logo de varios rechaces e cando o esférico se colaba na portería sen remisión, o número cinco do noso equipo (terei que revisar as fichas para ver quén é) logrou con grande armonía e gracia sacar ese balón que sirveu para acadar a victoria e, deste xeito, seguir ahí arriba loitando cos de arriba.
Así pois, e logo do resultado negativo acadado polo Maderas Ramos na súa visita ó feudo do Asador Alambique, seguimos aupados á segunda posición da táboa por detrás deste último pero cun partido menos.
No obstante non debemos obviar que o noso xogo nás últimas xornadas non é o que marabillou na primeira volta e debemos tentar volver a coller folgos pois a segunda volta vai ser longa. Esta temporada sentímonos dalgúnha maneira abanderados dese colectivo de equipos que sempre estamos nun segundo plano e que asistimos temporada tras temporada como a liga a gañan sempre os mesmos. Este ano tentaremos ser unha alternativa real aínda que sabemos que vai ser difícil e, se o conseguimos, será un mérito de todos. Tras nós virán outros que lle poñerán as cousas difíciles ós galácticos.
Un saúdo Cuntis e ata vernos!

2 comentarios :

Anónimo dijo...

SUEIRO : Quedei flipado con que sepas os nomes dos nosos xogadores. Como o fas, porque eu non me quedo nin co número, tes algún método? Só te equivocaches no nome de Puga cando supoño querrias decir Jorge.

Anónimo dijo...

Con quedarse coa cara e logo ver no voso blog os nomes xa está. Isto é o que ten a tecnoloxía, je, je.