lunes, 11 de febrero de 2008

ZONA BASI

Partido sen moita historia (futbolísticamente falando) o xogado este sábado en Extramundi fronte ao equipo do Rosalía. O Negreira dominou a primeira parte do partido que encarou co mesmo plantexamento táctico aínda que con cambio de efectivos obrigado polas baixas de Cobas por lesión e de Paco.
O mister Antonio colocou a Couso de punta e a Pablo pola banda esquerda. Esta asociación sería crucial para a consecución do primeiro gol no que Pablo conduciu o balón excelentemente pola banda tras un pase de Pitu e, logo de centrar, Pipi subíu o primeiro gol ao marcador. Houbo algunha ocasión máis que non se logrou materializar e co marcador de 1-0 se chegou ao descanso.
Nos primeiros 20 minutos da segunda parte o equipo local apretou un pouco máis favorecido pola falta de control pola nosa parte no medio do campo e logrou meternos na área, máis a base de corazón que de bo fútbol.
E entón, cando máis facía falta, apareceu a figura de Alfonso. Dende este blog tentamos ser sempre obxectivos e, así como temos vertido grandes críticas cando foi procedente, tamén agora debemos alabar a figura deste xogador que no ecuador da segunda parte destapou o tarro das esencias. Un gol de vaselina puso o marcador franco no minuto 30. Pero ahí non rematou o recital de Platanito. Ese recital ocorreu porque fixo o que sempre debería facer e nunca fixo: recibir, pasar, buscar ocos e forzar a xogada nos últimos metros. Incluso o compañeiro Magariños se beneficiou da xenerosidade do noso xogador franquicia nun pase da morte que puso o resultado nun 0-3 o que supón un golpe de autoridade na liga.
Agardemos que a Dirección técnica sepa asentar debidamente a cabeza de Plátano pois pode ser o revulsivo que necesitamos de confirmarse a baixa de Cobas para a segunda volta. Incluso, se é menester, sería conveniente que o clube se encargara de mimalo nunha casa de turismo rural ou, de se-lo caso, nun balneario.
Así pois, a falta de saber como quedaron os outros resultados da categoría, seguiríamos segundos a dous puntos do Maderas Ramos e cun partido menos (o que falta por disputar contra o Casa Barqueiro).
A próxima xornada volve a ser vital pois visitará Cepelo o Cuntis e ademais rexistrarase o enfrentamento entre Maderas Ramos e Asador Alambique (primeiro e terceiro respectivamente).

1 comentario :

O PADRIÑO dijo...

Por fín apareciu o botiquín onde tíñamos gardado en frasco , un balsamíco como é Alfonso , que cando máis se está a necesitar apareceu , e non so en campo grande se non na sala dos seus soños onde tamén está a reaparecer despois dun letargo clorofórmico.Dende aquí dar ánimos a Cobas para a súa pronta recuperación .