lunes, 4 de febrero de 2008

ZONA BASI


Rte.Susos 1 - Negreira 1 . Eliminados da copa
Amiguiños, os que querían que nos dedicaramos a unha soa competición xa poden estar contentos. É que o ten a Copa: que todos nos empeñamos en quitarlle prestixio con xestos como deixar a medio equipo na casa pero logo a todos nos j…. cando quedamos eliminados.
Amiguiños, os que querían que nos dedicaramos a unha soa competición xa poden estar contentos. É que o ten a Copa: que todos nos empeñamos en quitarlle prestixio con xestos como deixar a medio equipo na casa pero logo a todos nos j…. cando quedamos eliminados.
Este momento da temporada no que nos atopamos coido que pode ser un punto de inflexión para determinar o que conten as crónicas do noso papel ao final da temporada. Aquí estamos, eliminados da copa, con toda a segunda volta por diante e certa inquedanza nalgúns sectores do clube. Non parece que todos se den conta de que este ano pode ser unha oportunidade que quizáis non volvamos a ter outra vez. O privilexio de chegar aos primeiros postos e por riba de manterse, xeralmente é fruto dun traballo en equipo a tódolos niveis e ningún detalle soe quedar ao chou. Pode parecer unha tontería pero detalles como levar tres semanas sen botiquín nos partidos poidera parecer un síntoma de certa desorganización.
Do mesmo xeito, chegar ao partido do sábado nunha eliminatoria de copa a partido único con tan só trece xogadores amosouse finalmente como decisivo tendo en conta como se desenvolveu o partido. Aos 26 minutos de encontro, o noso ariete Cobas lesionouse no xeonllo esquerdo, lesión que todos agardamos que non revista gravidade en primeiro lugar polo seu ben e en segundo polo noso pois unha segunda volta sen este xogador pode supoñer para nos un calvario. Logo, na segunda parte Paco recibiu tamén unha dura entrada que provocou a súa saída do campo 15 minutos máis tarde.
O resto do partido tivo pouca historia. Clasificouse o Restaurante Susos, non sen certa sorte o cal non lle resta méritos pois o seu xogo, aínda que con pouca claridade, bastoulle para contrarrestar as embestidas nosas sobre todo na segunda parte. Tamén é de destacar un remate de Alfonso cinco minutos despois do gol que pudo sentenciar a eliminatoria. Por certo, o de este xogador estase a tornar patolóxico. Moi feo o seu xesto de irse á ducha no momento de decidir quen tiraba os penaltis. Os xogadores de categoría non fuxen dos retos nin deixan tirado ao equipo nos momentos difíciles. Parece que se agardan medidas coercitivas exemplares esta semana.
Polo demáis, agardamos que Cobas e Paco poidan seguir aportando a súa calidade ao equipo nos próximos partidos, o que sin dúbida será síntoma de que as súas doenzas non revisten importancia.

1 comentario :

Anónimo dijo...

Nunca nos sentou ben a xornada de carnavais . Pero non é escusa a ausencia dos "chirigoteiros" de todolos anos , tiñamos un once moi aceptable , eso sí non tíñamos moita xente para dar un descanso . O problema foi a ausencia dos porteiros ,de tres non foi ningún , e as lexións tanto de Cobas como de Paco , basta que estes un pouco xusto para que se lesione alguén , estas duas foron para mín as claves da eliminación da copa . O peor vai sela ausencia de Cobas na liga, esperemos a súa pronta recuperación polo seu ben principalmente e logo polo do equipo . En canto o que comentas dunha falta de cordinación nalgún detalle , pensei que xa estaría solucionado pero xa vexo que non , vou ter que tomar medidas drásticas con certo departamento do club , e esto por desgracia pode desencadear unha crisis no núcleo duro da directiva , entre o Padriño e Don Vito que pode ter consecuencias impredecibles . O próximo partido esta solucionado queda da miña man .
Posdata:non saiades durante esta semán da casa , a YAKUZA vai a actuar .