viernes, 22 de febrero de 2008

SUBCAMPIONATO DE FÚTBOL SALA

O pasado mércores disputaronse as finais da liga local de fútbol sala , sendo o campión en primeira o Casty Romer , e en segunda A Darsena de Muros .
A sorpresa non saltou en Pedra Mamoa , pero contrariamente o que pensaba moita xente ,o Negreira veteranos foi un dignisimo esparrín , ante un equipo que tan so pola normativa do campionato ( que non é outra que os equipos que se inscriben por primeira vez , comenzan como é lóxico en segunda) estaba a xogar nesta división , pois a sua superioridade foi manifesta de principio a fín, é tan so o noso equipo foi quen de presentar batalla tanto no encontro de liga como na final .
Posiblemente a clave fose os cambios , eles eran doce e cada 10 minutos se rotaban , e os veteranos non fixeron ningún cambio a non ser o do minuto 7 de Paco por Zarco , dende ahí non se moveu o banquillo . Ter en conta tamén a diferencia de idade , todos eles podian ser fillos de calquera de nós , e de algún incluso netos . Pero o saber estar e a veterania xogaron do noso lado .
O remate do campionato o balance foi de tan so tres derrotas , duas ante o campión e outra ante Quintáns , dous empates , e nove vistorias . Fomos subcampións con 45 goles e encaixando 28 . O 2º máximo goleador da liga foi Paco cas suas 12 dianas , e tamén o 2º porteiro menos batido foi Vilela con eses 28 goles.E decir que fomos segundos en todo ,"lástima de que este ano comenzase a xogar en Negreira este equipón de Muros" , decía o outro día un xiareiro dos veteranos .
O equipo fundamentouse en cinco pilares :
Vilela na portería seguro , non notou o máis mínimo a larguisima ausencia das pistas ,fichase de todo acertado .
Pipi e Julián aportaron o poderío físico que tan so eles teñen , a parte de un bo número de goles .
Alfonso é o XOGADOR de fútbol sala , o saber estar , o desequilibrante , a referencia .
Paco foi a definición o noso norte de cara á portería contraria . Cando el comenzou a xogar fomos un equipo moito máis ofensivo e de fútbol de galería , ata entón o noso xogo era resolutivo(so unha derrota), pero falto de pegada . Se non se perdese os primeiros encontros ben seguro sería o máximo goleador .
Os demais puseros o seu pequeno gran de area , Abel , IL Capo , Carba , Suso , e Zarco .
Noraboa a toda a famila veterana por este EXITO acadado na sua primeira participación nesta liga.

No hay comentarios :