miércoles, 9 de enero de 2008

SORPRESA NA SEMÁN DE CHITO

Como todos sabedes ó rematar a súa sección Chito sempre se despide con un "you´ll never walk alone veteranos" . Pois ben dende agora cando accedades a esta sección ( a través do menu superior , onde pón : veteranos / semán de Chito / 2007-2008 ). Poderedes mentrás ledes a súa sección , escoitar a canción a que fai referencia o parrafo co que se despide , e que non é outro que a cantada polos seguidores do Liverpool antes do comenzo dos seus encontros.

HISTORIA DO TEMA :
“You’ll Never Walk Alone” é unha canción composta por Richard Rodgers e Oscar Hammerstein II para o seu musical de 1945: “Carrusel”. No espectáculo orixinal para Broadway, foi interpretada por Christine Johnson e tamén (ó final da trama) por Jan Clayton e un coro. Na película posterior, o tema era interpretado por Claramae Turner (ainda que unha afogada polas lágrimas Shirley Jones intenta cantala primeiro, pero non pode), e máis tarde repetida pola señora Jones e un coro.
No musical, a canción é interpretada trala morte do líder Billy Bigelow, para dar ánimos a Julie Jordan, embarazada e cun neno nese momento, e repetida na escena final para animala ceremonia de graduación na que Louise (filla de ambos) é partícipe. Como resultado, a día de hoxe é moi común que este tema se interprete nesta clase de ceremonias nos Estados Unidos.
A popularidade desta canción, comenzou xa durante a tempada inicial desta producción en Broadway a causa da segunda guerra mundial, xa que moitos dos asistentes á representación tiñán maridos, irmáns, mozos ou prometidos servindo no exército e destacados ó outro lado do mar. O público parecía atopar consuelo na mensaxe da canción. A poderosa unión da súa melodía e letra indican que siempre hai un guía e un amigo do que obteremos amor e bondade.
Dende seu estreo, a canción foi interpretada por moitos artistas, e aparecieu por primeira vez nas listas gracias a unha versión de Frank Sinatra de 1945 (que a sitou no número 9 da lista de éxitos). Patti LaBelle and the BlueBelles obtuvo o posto 34 nunha versión do ano 1964. A versión de Elvis Presley alcanzou o posto 90 en 1968. O famoso artista holandés Lee Towers grabouna tamén no seu álbum de 1976 “It’s raining in my heart” así como en outros álbumes recopilatorios posteriores.
En Inglaterra, a versión máis famosa realizouna en 1960 un grupo do barrio de Merseybeat (Liverpool) chamado Gerry & the Pacemakers, quenes alcanzaron con ela o nº1 nas listas británicas o 26 de octubre de 1963, pesto que non abandonou en catro semáns. Rápidamente convirtiuse no himno do equipo de fútbol local Liverpool F.C. e dende entón é invariablemente cantada pola afición dos reds momentos antes do comenzo do partido. A frase “You’ll Never Walk Alone” figura no escudo do club.
A CANCIÓN VEN A DECIR ALGO ASÍ :
"Cando camiñes atravesando unha treboada
mantén ben alta a cabeza
e non te preocupes pola oscuridade
o final da treboada
hai un ceo dourado
e o doce e prateado canto da laverca
camiña a través do vento, camiña a travé da choiba
aínda que os teus soños vexanse sacudidos e golpeados
sigue camiñando , segue camiñando , con esperanza no corazón
e xamais camiñarás so
nunca camiñarás so
sigue camiñando , sigue camiñando , coa eaperanza no corazón
e xamais camiñarás so
nunca camiñarás so" .
Realmente precioso , pero unha imaxe vale máis que...:

No hay comentarios :