sábado, 22 de diciembre de 2007

ZONA BASI

Hoxe esta sección que tan ben rubrica o noso incombustible Basante , está un pouco horfa da súa prosa , xa que por motivos alleos a súa vontade non poido asisitir o partido de copa entre o Negreira e o V. de Lalín . É por ise motivo que nos vemos na obriga de que unha das almas mater deste equipo (Javier)nos trasmita a crónica dun encontro con pouca historia .
O partido a disputar nun principio en Lalín debeuse xogar en Agrón , xa que os lalinenses , para este partido de copa , non dispoñian de campo propio. Son datas máis propias de xantares e ceas , que de encontros de fútbol , e iso deixouse sentir en ambos equipos . O noso equipo acostumado esta tempada a ter no banco unha lexión duns oito ou máis xogadores cada sábado , veuse mermado polas "baixas" , xa que tan so 3 erán os que cando lles tocaba descansar , podian departir dende a banda o que estaba a acontecer no campo . Peor foi para os de Lalín que a todo isto sumaron un longo desprazamento ata Agrón, e presentaronse con 9 xogadores , esta foi a clave dun encontro que tan so deixará para o recordo unha histórica goleada 12 - 0 (ainda que sen maior mérito ) e a reaparición na portería do singular e sin parangón "GALLEGO" . Lástima de non ter un contrario enfrente para saber si Berdullas podería temer pola sua máis que gañada titularidade , coa recuperación deste "anti-todo"(non antídoto) dos gardamallas galegos . É de destacar nesta encontro que xa estaba decidido no 1º cuarto de hora , que o noso "capo cañoneri" Cobas, non mollase neste festín de goles , pero é de sabios saber cando un se ten que reservar para batallas onde a súa presencia se faga máis menesterosa . O que sí se destapou foi Nando , debeu ser pola foto histórica publicada no blog esta semana , que o fixo lembrar anos preteditos , e fixo diana en catro ocasións. Estrearonse Victor e Santi como goleadores , e o segundo gol de Javier , entre o pouco máis que se pode destacar desta eliminatoria de copa .
Dende aquí unhas felices festas a toda a familia dos veteranos e a todos aqueles que nos seguen , que cada vez son máis .Un exemplo ben ás claras disto , son as ceas de non fai moito tempo ,onde se xuntaban 10 ou 12 persoas , nesta de Nadal erámos case que coarenta , e seguemos a medrar . O camiño non é doado e as cousas dan o seu traballo , pero cando se ben frutos , todo é moito máis sinxelo . O esforzo duns , o espíritu do que deben ser os veteranos , que en ninguén mellor que Suso ou Javier , entre outros ,o podemos ver reflexado, e o apoio e axuda dos demais , fai que este equipo sexa como unha gran familia . As victorias son importantes pero o ser "VETERANO" DO NEGREIRA aínda é mellor.

No hay comentarios :