miércoles, 7 de noviembre de 2007

ZONA BASI


PREVIA COPA:
CIAL. T F N VILLESTRO 1-3 VETERANOS NEGREIRA

O pasado 1 de novembro disputouse a previa da Copa na que se atopaba encadrado o Veteranos Negreira xunto o TFN Villestro. O partido tivo lugar na cancha deste último, e posiblemente non pase aos anales da historia do fútbol.
O Negreira fixo un partido práctico que lle permitíu pasar á seguinte ronda sen lastres de consideración en forma de lesións ou sancións. Ben é certo que algún integrante do equipo de seguro tardou máis dun día en recuperarse debido a que este partido coincidíu no tempo cunha serie de actos lúdico-festivos na vila de Negreira. Esta circunstancia fai todavía máis meritorio o pase á seguinte fase da copa de veteranos.
O equipo presentabase a este partido con moitas baixas debido a que varios integrantes atopabanse con permiso do clube.
Con todo e a pesares das numerosas baixas, o equipo amosouse moi superior ao Villestro e logrou o pase con autoridade. Como destacados podemos citar a Alfonso e Couso, moi activos na segunda parte e tamén a Javier que marcou o terceiro gol moi emotivo con dedicatoria incluída á unha recente pérdida dun ser moi especial para él.
Tamén queremos dar a benvida a Chito que vai ser o responsable dunha nova sección deste blog: “LA SEMANA DE CHITO”. Agardaremos con impaciencia as súas valoracións despois de cada partido cunha visión diferente na que aceptaremos de bon grao tanto as flores como as críticas, como non podía ser doutra maneira.
Boa sorte, Chito!!

2 comentarios :

ponte dijo...

ahora que vengan los galacticos (cobas, susito, basante, nando ,....) y mejoren el resultado de los chatarras( y eso que estabamos medio averiados )ja, ja, ja

santi dijo...

basi, xq no me pones como destacado esta semana? para eso te prometí algo, creo que te vas a quedar sin lo que hablamos. zarco esto no sale en la pagina no? es solo para basi okey mkey colega