lunes, 8 de octubre de 2007

ZONA BASI


V de Vendetta
Este sábado o Negreira pechou unha ferida que deixou aberta no derradeiro partido da pasada tempada e de paso deixou claras as súas intencións. Parece que está decidido a deixar de lado a mediocridade na que se atopaba instalado noutras tempadas e dar ese salto de calidade. E ademais parece empeñado en facelo xogando ben ao futbol.
O Cuntis debeu de pensar que aínda estabamos en época de rebaixas e saíu ao campo con calderilla…. Pero este Negreira non parece ter remilgos en usa-la tarxeta cando o considera oportuno. Esperemos que a tarxeta non sexa de crédito e non quede a deber puntos na segunda volta….
Na primeira parte, a pesares de encaixar un gol, soupo sobrepoñerse ao marcador en contra e en canto a maquinaria pesada empezou a funcionar o rodillo non tiña contemplacións. A conexión Paco-Nando-Pipi-Cobas é letal e así o demostraron. É de destacar a actuación de Santi na primeira parte cun traballo de destrucción moi importante non exento de criterio en ataque.
Houbo quince minutos pletóricos que poideron deixar un marcador de escándalo. Na segunda parte o Negreira afloxou bastante o pistón, replegouse bastante e deixou achegarse ao Cuntis aos dominios de Berdullas. De todos xeitos as acometidas do equipo local en ningún momento deixaron sensación de perigo, ben por deméritos dos seus dianteiros, ben polo bo traballo da defensa e en especial do porteiro que transmite sensación de tranquilidade ao equipo. Andaba o equipo un pouco coxo nesta demarcación a parece que agora sí atopou un efectivo de garantía.
Con este arranque de liga, Antonio xa pode durmir tranquilo polo que respecta aos resultados pero debe xestionar con criterio esta plantilla e non será fácil deixar no banquiño a algúns pesos pesados do equipo. Neste sentido, a Javier (que este sábado exerceu de trainer) non lle tembla a man á hora das rotacións. O control de tracción do Ferrari parece que funcional
Novamente debemos destacar a Cobas con dous goles que parece enchufado en tódolos partidos e tamén a Paco polas súas internadas pola banda dereita.


7 comentarios :

Negreira veteranos dijo...

Novamente xenial na tua crónica, vas ter que pensar en adicarte a esto en serio , eso si a nós terás que seguir facendonolo de favor .

Anónimo dijo...

Enhorabuena a los veteranos del negreira que por primera vez en mucho tiempo comandanda la clasificación tras ganar (1-4) al hasta esa hora lider el Cuntis en un partido donde los rojillos recuperaron una pequeña dosis del buen juego que exhibieron en las dos primera .
De nuevo mi enhorabuena al'matador' COBAS que sabe cual es la tecla o la melodia que hay que tocar dentro del area para todo lo que pase por sus botas se haga gol.
De todas maneras enhorabuena al equipo en general por este esperanzador cominzo de liga que n os están dando a una afición acostumbrada como la del atlético de Madrid a sufrir año tras año.

Anónimo dijo...

bueno o equipo vai bastante ben pero penso que debedes ter os pes no chan non sea que derrape o FERRARI,se seguides asi estaredes arriba.

Anónimo dijo...

Hola boas, só quería facer un pequeno comentario en canto ó artigo publicado referente ó partido Cuntis-Negreira. Paréceme un termo bastante despectivo o de calificares á plantilla do Cuntis coma "calderilla". Para empezar son un xogador da plantilla do Cuntis, levo só tres anos xogando e con 30 anos son dos máis xoves da plantilla. Eu ó igual ca outros 6 compañeiros meus non puidemos ir ó partido por mor dunha boda. Así que o cuntis non saeu con "calderilla" coma di certo personaxe, se non un pouco co que tiña. Paréceme unha total falta de respeto menospreciar dese xeito a un rival, certo é que polo que me contaron do partido o Negreira foi moi superior ó Cuntis, pero esos aires de "sobrados" creo que son de mal gusto e non veñen a conto. Sin outro particular un saudo e ata o partido de volta.

Anónimo dijo...

Compañeiro "anónimo" de Cuntis . Como moderador deste espazo non creín en ningún momento ofensivo o esposto polo noso cronista oficial , xa que de ser así eu sería o primeiro en censuralo. Estamos nunha liga que debe primar o pasalo ben por riba de todo , a camaradería e o compañerísmo , nos témolo dentro do equipo , un dos equipos fundadores desta agrupación de veteranos , agora ben añoranse os anos en que o ambiente que reina na nosa plantilla se facía extenso a toda a liga , e despois dos partidos os contrincantes e colexiado despachaban unha boa merenda . Hoxe en día é máis competitiva , a todos lles gusta gañar e a mín o primeiro, pero todos deberíamos que saber onde estamos e que é o que debe primar por riba de todo .
A persoa que escribe as nosas crónicas é das que teñen os pés no chán e a cabeza ben amueblada(con pouco pelo pero amueblada), e por eso che digo que non foi un comentaría despectivo , se non máis ben un adorno literario , para despois tirarnos a nós das orellas para seguir nesta líña de resulatados e non votarnos a dormir , nin confiarnos .
O ano pasado nos tamén fomos en cadro a Cuntis na derradeira xornada ,na cal nós non nos xogabamos nada, e vós moito .
Por menxase interna feliciteivos , por mantervos e por ser o único equipo o cal non fomos capaces de puntuarlle .Sen máis espero que atendas a explicación e non caías no erro das malas interpretación , onde non as hai . Un saúdo do nº6 .

Anónimo dijo...

Hola boas, son eu de novo, o que respondín ó comentario do outro día. A verdade é que puiden malinterpretar as palabras do voso comentarista. Se así foi pídovos disculpas, pero tamén espero que entendades que nun primeiro intre puido sentarme mal o famoso adorno literario. En fin que pido desculpas de novo pola miña interpretación, aínda que non o fixen con mala intención algunha.
Gracias pola resposta. Un saudo

Anónimo dijo...

Sinto realmente a polémica creada pola publicación da crónica do
partido xogado entre o Negreira e o Cuntis. Dende logo podo afirmar
sin temor a enganarme que a filosofia do noso equipo é sempre a de
tender pontes entre tódolos equipos e de fomentar a solidariedade
entre todos nós. Evidentemente a ninguén se lle escapa que na
categoría hai clubes que caen mellor e outros que caen peor e dende
logo coido que o Cuntis se engloba no primeiro grupo sen lugar a
dúbidas.
Ao mesmo tempo podo afirmar rotundamente que a creación do noso blog
supoñeu un antes e un despois no que atañe á implicación dos socios do
noso clube. Este foi un dos factores da conversión dun mero clube de
fútbol nunha sociedade deportivo-cultural cunha fidelización dos
socios que ningúen pensou que puidera producirse. Entre os obxectivos
que perseguimos está o compromiso co clube pero tamén, como dixen, a
solidariedade cos demáis clubes da categoría e a colaboración en
tódolos ámbitos. Creemos firmemente que a difusión dunha serie de
valores é fundamental para darlle valor a unha categoría que hai uns
anos estaba dominada por uns poucos e que agora pasiño a pasiño está a
democratizarse.
A miña achega ao noso blog supón un pequeno gran en todo o noso
engranaxe e dende un principio a miña guía foi a da estimulación sá
entre os membros do equipo, ás veces incluso con pequenos dardos
envenenados aos compañeiros. Esta liña, lexos de pretender nin
producir en ninguén marxinacións ou malestares, ao contrario deu pé a
piques saudables entre todos e incluso fomenta a unión entre todos. Polo tanto, en ningún momento estaba no meu ánimo despreciar a ningún
xogador do Cuntis en particular nin ó equipo en xeral, ao que por
outra parte consideramos un clube amigo. Se alguén se sentíu agraviado
por algún comentario, pido disculpas pero quero insistir en que o
obxectivo desta sección non só é a de difundir o resumo do partido
senón a de poñer un pouco de "picante" no asador. Quen non o entenda
así, sinto moito.

Un saúdo,