domingo, 1 de abril de 2007

ZONA BASI

Crónica do Negreira-Universidade (31/03/07)
Chegabamos a un partido crucial a estas altura da temporada para as aspiracións do Negreira de permanecer na división de honor de Veteranos.Ademáis a meteroloxía ,que a priori parecía que se presentaba adversa a tenor das últimas predicións tamén axudou.Non debemos esquecer que tamén había campo de herba e xa sabemos que iso supón un acicate para os xogadores, acostumados a outros terrenos non
tan propicios para a práctica do deporte rei.

Parece que ó Negreira lle van este tipo de campos tendo en conta as estatísticas desta tempada.Nos partidos xogados en Calo non perdeu ningún e nos outros xogados en esta superficie tamén acadou resultados positivos coa salvidade do ?accidente? da Copa.Outro dato estatístico: O Negreira non gañou un partido nos últimos catro anos nos que Suso estivo ausente e o partido de onte refrendouse esta máxima.Sendo esta circunstancia anecdótica o certo é que esta vez sí o equipo da Barcala puxo toda a ?carne na grella? para leva-los tres puntos do campo de Calo pero ademais tivo a fortuna da que careceu a xornada pasada en Sar fronte o Pepe Noia.No obstante o Universidade puxo contra as cordas ó Negreira nos primeiros vintecinco minutos da segunda parte nos que o equipo visitante estivo descolocado froito dos cambios tácticos.Isto provocou que encaixara dous goles e que o Universidade crera nas súas propias posibilidades.Pero esta vez Cobas,con dous goles de vaselina, tivo unha actuación destacada xunto cos outros dianteiros que tamén ?mollaron?, Alfonso e Maga que se estrenou.O outro gol foi obra de Julián.
Parece que o Negreira deu un paso a prol da permanencia que, aínda que non matemáticamente, parece asegurada . O vindeiro partido,en Boiro fronte ó Guadalupe, pode ser a ocasión propicia.Destacados da xornada: Cobas con grande acerto goleador, Suso pola súa reaparición (aínda que se lle notou falto de forma) e Santi que está a colle-lo pulso do medio campo xunto con Julián.

No hay comentarios :