domingo, 25 de marzo de 2007

ZONA BASI

Crónica do partido Negreira-Pepe Noya (24/03/07)
Unha xornada máis(ou unha menos, segundo como se mire) o Negreira segue sen asegurar a permanencia na división de honor de veteranos.No obstante esta vez o Negreira sí se mostrou coma un equipo consistente de medio campo para atrás e con boas saídas sobre todo na primeira parte.Ó primeiro tempo ben podería rematar con vantaxe do Negreira se Cobas acertara algunha das ocasións das que disfrutou.Tras o descanso o equipo local volcouse sobre a meta defendida porGallego pero sen demasiado acerto nos últimos
metros.Pero tanto vai o cántaro á fonte ... que nun despiste defensivo o Pepe Noya adiábase no marcador.Tras este gol, o Negreira estirou as súas liñas e tras os cambios tácticos logrou o empate con gol de Alfonso. Este xogador xunto con Santi reapareceron tras varios partidos no dique seco e aportaron frescura ó equipo.Pero novamente nun despiste defensivo o Pepe Noia logrou o gol da victoria cando faltaban cinco minutos para o final do partido.Bastante fixo o Negreira tendo en conta as adversidades ás que se ten que enfrontar esta temporada por mor das doenzas de moitos xogadores e por diversas circunstancias persoais negativas que afectaron tamén a algúns integrantes do equipo.Por certo, dende este blog e no nome de todos queremos solidarizarnos con Javier que está a pasar un mal trance a nivel persoal.Porque se algo ten o equipo esta temporada é un arraigado sentimento de grupo que trascende o ámbito meramente deportivo.Ánimo Javi! Estamos contigo!

No hay comentarios :