lunes, 12 de marzo de 2007

ZONA BASI

Segue o Negreira nunha liña descendente dende os últimos partidos. Esta vez foi o Bar Nieto de Chaián quen fixo dobla-lo xeonllo a un equipo que botou en falta en demasía ó seu baluarte Suso.
Na primeira parte o Negreira tivo unha páxara que non lembrabamos dende as loitas de Indurain con Chiapucci no Tour de Francia. No seu descargo hai que dicir que o firme do campo, de area sen compactar, facía difícil controla-lo esférico. Non é menos certo que a tarde era abafante con temperaturas impropias desta época do ano. Pero tamén debemos dicir que estas condicións afectaban ós dous equipos por igual.
As últimas críticas afectaron ó equipo e algúns xogadores mostraron o seu malestar de portas para adentro pero o certo é que o equipo non acaba de carburar, de ahí a posición na táboa en terra de ningúen.
Ó remate da primeira parte o marcador reflexaba un 2-0 a prol do equipo local xusto a xulgar polo xogo dos dous equipos.
De seguro que no descanso, o entrenador Antenas leulle a cartilla ós seus pois na segunda parte, o Negreira saíu con novos folgos e froito desa nova actitude foi o gol de Pipi. Seguiu a tentalo o Negreira pero sen sorte e unha vez máis caiu ante un rival teóricamente inferior.
Está claro que algúns xogadores da plantilla están sobrevalorados e non están a dar todo que se esperaba deles a inicio de temporada. E por outra banda, os afeccionados tamén mostran o seu nerviosismo. Un detalle: algúns simpatizantes estén esperando a recuperación dalgúns xogadores como Santi e Ponte crendo que ésta pode se-la solución do equipo.
Os destacados da xornada non son precisamente por méritos deportivo: Citar ó ausente Suso ó que todos os compañeiros lle dexesamos unha pronta recuperación do problema de saúde que está a padecer e tamén a Pitu polo éxito coa paella.
Arriba Negreira!! A pesar de todo os supporters están co equipo!!

1 comentario :

Negreira veteranos dijo...

ANIMOS para Suso dende aquí , dentro de duas xornadas , xa o teremos animando o equipo, eso sí de momento dende a banda , pero por pouco tempo . A súa presenza é necesaría e imprescindible .