sábado, 17 de marzo de 2007

ZONA BASI

Segue o Negreira empeñado en darlle vida ós rivais da parte baixa da tabla e a base de tentalo vai conseguir entrar nunha guerra que a finais da primeira volta non contaba.Esta vez foi o Sampedro o que levou os tres puntos do campo de Agrón que últimamente estase a convertir nun filón para os equipos rivais.No obstante, o partido non pasará á historia polo mal fútbol do Negreira senón pola grave lesión de Vilela. Corría o minuto 30 da segunda parte cando nunha internada do equipo rival, o bravo xogador local tentou cortar o avance do dianteiro do Sampedro e trabóuselle a perna dereita con tan mal tino que rompeu á altura do nocello. Parece que é rotura de tibia e peroné e precisará pasar polo quirófano. Dende este blog desexámoslle unha pronta recuperación e unha grande aperta de todo o equipo.É de xustos recoñecer que o equipo está a ter moi mala sorte coas lesións. Xunto con Vilela, están tamén na enfermería Suso, Soto, Ponte, Pedraza e Nando, pezas clave nalgúns casos para o equipo. Dende esta redacción fomos ás veces moi críticos cos xogadores sen ter en conta o seu estado anímico. Só cinco puntos asegurarían a permanencia. Os próximos partidos postúlanse como propicios para que o Negreira arranque algún punto positivo das súas visitas.Agardemos que o equipo sepa sobreponerse a todos este contratempos e poidamos celebrar pronto a súa permanencia na división de honor de Veteranos. De ser así, coidamos que a ocasión merecería unha........paella? Ou tamén churrasco!!

1 comentario :

Negreira veteranos dijo...

Pasará por quirofano o vindeiro martes , e o parecer foi luxación e fractura do seu nocello.(Habitación 220)