sábado, 24 de febrero de 2007

ZONA BASI

O partido de hoxe presentábase a priori como propicio para que o Negreira confirmase a línea ascendente dos últimos partidos. Sin embargo, xa dende o principio, o Roomel presentouse como un bloque forte con superioridade no medio do campo, feito que á postre faría decanta-lo partido do equipo visitante.No obstante, no primeiro tempo o Negreira amosouse moi combativo con chegadas claras que non consigueu materializar. No minuto 10, o dianteiro local Cobas tivo unha grande ocasión adiantándose ó defensa pero nos últimos metros o balón saíu a rentes do pau esquerdo.Máis tarde, nos minutos 17 e 26 en sendos libres directos lanzados por Nando e Pitu rozouse o gol local.Pero sería o visitante Mincha quen nun pase ben dirixido por Magariños abriría o marcador para o Roomel.Con 0-1 rematou a primeira parte e as esperanzas no Negreira estaban intactas. Obviamente non sospeitaba nada do que lle ía vir enriba no segundo tempo. O equipo local, deslabazado polos cambios e con pouco acerto cara á portería rival, foi encaixando goles e somentes puido acercarse no marcador cando, cando se puxo 1-2 con gol de Nando. O 1-3 foi obra de Richard, que tamén marcaría o 1-4 mentras que o outro gol visitante foi obra de Pipi en propia meta.En definitiva, un marcador final de 1-5 que debería servir para que os xogadores locais fixeran autocrítica.Somentes cabe destacar a reaparición de varios xogadores que nos últimos partidos estaban na enfermería. É o caso de Santi que se lle víu falto de forma, Basante que como sempre cumpliu, e de Zarco que tamén fixo un partido correcto, dentro das súas posibilidades.A próxima semana o Negreira descansa e o vindeiro 10 de marzo, logo do partido co Bar Nieto en Chaián, o equipo fará unha cena de confraternización na que a directiva espera reconciliar os distintos bandos enfrentados no equipo.

2 comentarios :

NEGREIRA dijo...

MOI BO O TEU ESTREO , ANIMO E A CONTINUAR CON ELO . AÍNDA QUE O DE "DENTRO DAS SUAS POSIBILIDADES",ESTIVEN A PUNTO DE CENSURALO .

Tavox dijo...

wow!! excellent site



tavox